O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

domingo, 28 de septiembre de 2014

BENVIDOS AO CURSO 2014/2015! PRESENTACIÓN DA ANPA E ACTIVIDADES

Tras un par de meses de descanso, regresamos xunto co novo curso escolar e un ano máis somos os mesmos. Despois de 2 anos de traballo da Xunta Directiva da ANPA, este ano tocaba elixir directiva, polo que se convocou Asemblea Extraordinaria para elixir nova Xunta Directiva. Non habendo ningunha candidatura e xa que así se recolle nos Estatutos da ANPA, comunicávosmos, como xa saberedes, que esta Xunta Directiva decidiu continuar durante dous anos máis porque nos daba moita mágoa que a ANPA do CEIP do Corgo desaparecese. Claro que dá traballo e come tempo, pero pensamos que merece a pena realizar este esforzo polos nen@s do CEIP do Corgo. 
Eso sí, temos dúas novas incorporacións como vogais da Xunta Directiva, unha nai e un pai que se unen a nos para entre todos facer o traballo o mellor posible. Dámoslles as grazas e a benvida aos novos membros e a tódolos pais/nais, animávosvos a facervos socios e a colaborar coa ANPA. Xa que somos poucos, co esforzo de todos, poderemos facelo moito mellor.
A Xunta Directiva da ANPA queda formada polos seguintes membros:

PRESIDENTE: Magín López Freire, de Arxemil, pai de Magín de 2º curso de primaria.
VICEPRESIDENTE: Eduardo López Becerrra, de Vilaceleiro, pai de Sergio de 1º Curso de primaria.
SECRETARIA: María José Rodríguez Novo, de Cabreiros, nai de Miguel de 5º curso de primaria.
TESOUREIRA: Mª Isabel Osorio Méndez, de Vilagamelle, nai de Laura de 4º curso de primaria e Mario, de 4º curso de educación infantil.
VOGAL: Monserrat Calvo Iglesias, de Alfonxe, Gomeán, nai de Joel de 5º curso de educación infantil.
VOGAL: Silvia Rodríguez Linares, de Alence, Marei, nai de Lara, de 6º curso de primaria e Joel, de 3º curso de primaria.
VOGAL: Ana Mª Mera López, de Alence, Marei, nai de Paula, de 3º curso de primaria.
VOGAL: Mónica García Souto, nai de Adrián e Joel, de 1º curso de primaria.
VOGAL: Emilio Manuel Martínez Pérez, pai de Alma, de 4º curso de educación infantil

E unha vez constituida a nova Xunta Directiva (a mesma que o ano pasado coa incorporación de Mónica e Emilio), puxémonos a traballar nas actividades extraescolares para este curso 2014/2015. Continuaremos coas actividades que o curso pasado tiveron máis aceptación e incorporamos algunha nova proposta que nos parece interesante. Coma tódolos anos, a realización das actividades está condicionada á existencia dun número mínimo de nenos inscritos. Por iso é moi importante que as inscricións se realicen agora, no prazo concedido, xa que senón as actividades corren o risco de non levarse a cabo. Os rapaces xa levaron os folletos o pasado venres e tedes ata o día 1 de outubro -incluido- para apuntalos ás actividades propostas. Esperamos poder comenzar coas actividades arredor do día 6 de outubro.
Coma sempre, as actividades teñen un prezo distinto para os socios e para os non socios da ANPA. Ainda que durante todo o curso escolar podedes facervos socios, para poder beneficiarse do prezo de socio nas actividades, é imprescindible ter ingresado a cuota de socio, que ascende a 20 € por ano e familia, antes do día 31 de outubro de 2014. O ingreso debe facerse na conta da ANPA aberta en Abanca O Corgo número ES44 2080 0156 47 3040007879. Lembrade, antes de finais de outubro!!!
Por outra banda, e como o anterior curso escolar, a ANPA ten suscrito un seguro de accidentes que cubre tódalas actividades que realiza, tanto actividades extraescolares como actividades puntuais que se realizan ao longo do curso, tales como excursións, festas, etc. O seguro de accidentes é gratuito para os socios da ANPA. Os non socios, para poder participar en calquera actividade, deberán abonar previamente o importa da súa póliza persoal, que ascende a 12 € anuais por alumno. Deste xeito, se desexades apuntar aos nenos a algunha actividade, pero non queredes facervos socios da ANPA, teredes que ingresar na mesma conta os 12 € correspondentes ao seguro. Non se admitirá a ningún alumno nas actividades que non teña abonado o importe do seguro -a non ser que sexan socios, obviamente-. 


E xa  de seguido, pasamos a describir as actividades que propoñemos:

- PATINAXE
DESTINATARIOS: nenas/os de tódalas idades.
HORARIO PROPOSTO: Os luns, de 16:15 a 17:15 no Pavillón polideportivo.
PREZO: 12 €/mes para socios e 16 €/mes non socios

- PREDEPORTE:


DESTINATARIOS: nenas/os de 3 a 6 anos
HORARIO PROPOSTO: Os martes de 16:15 a 17:30 no Pavillón polideportivo.
PREZO: 20 €/mes para socios e 25 €/mes non socios

- FÚTBOL:
Actividade realizada en colaboración co Clube Deportivo Corgo
DESTINATARIOS: nenas/os de tódalas idades.
HORARIO PROPOSTO: os mércores de 18:00 a 19:30 e os venres de 16:00 a 17:30
PREZO: 100 €/ano

-INGLÉS:
DESTINATARIOS: nenas/os de tódalas idades.
HORARIO PROPOSTO: os mércores de 18:00 A 19:30 no Centro Sociocultural do Corgo
PREZO: 12 €/mes para os socios e 16 €/mes non socios

- INFORMÁTICA (mecanografía e informática):

DESTINATARIOS: nenas/os de tódalas idades.
HORARIO PROPOSTO: os xoves de 17:00 a 18:30 no Centro Sociocultural do Corgo
PREZO: 25 €/mes para os socios e 30 €/mes non socios

- XADREZ:
DESTINATARIOS: nenas/os de tódalas idades.
HORARIO PROPOSTO:  día sen determinar de 18:00 a 19:00 no Centro Sociocultural do Corgo
PREZO:12 €/mes para os socios e 16 €/mes non socios

- MANUALIDADES:
DESTINATARIOS: nenas/os de tódalas idades.
HORARIO PROPOSTO:  os sábados de 11:00 a 13:00  no Centro Sociocultural do Corgo
PREZO:15 €/mes para os socios e 19 €/mes non socios

-INGLÉS CONVERSA con profesor nativo:
DESTINATARIOS: nenas/os de tódalas idades.
HORARIO PROPOSTO:  os martes de 17:00 a 18:00  no Centro Sociocultural do Corgo
PREZO:12 €/mes para os socios e 16 €/mes non socios

- TEATRO:


DESTINATARIOS: nenas/os de tódalas idades.
HORARIO PROPOSTO:  os luns, de 17:30 a 19:00  no Centro Sociocultural do Corgo
PREZO:20€/mes para os socios e 25 €/mes non socios


Se tedes algumha dúbida coas actividades ou con calquera asunto relacionado coa ANPA, podedes dirixirvos ao mail anpaceipocorgo@gmail.com ou ó teléfono 647956907

Animádevos a participar nas actividades, esperamos contar con todos vos!