O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

jueves, 18 de octubre de 2018

Cabazas de Samaín



Con motivo da celebración do Samaín no CEIP de O Corgo dende a ANPA imos organizar un obradoiro para a decoración de cabazas, que se celebrará no edificio de madeira do campo da Feira de Gomeán o sábado 27 de outubro de 16:30 a 18:30.
Para asistir é preciso:
1.- Traer unhas tesoiras coa punta redonda.
2.- Unha cabaza baleira.
3.- Os nenos con idades inferiores aos oito anos deberán ir acompañados dun adulto.
4.- Ser socio da ANPA ou ter ingresado cuota de 12 euros anuais do seguro escolar necesario para a asistencia a calquera actividade extraescolar.
5.- Moita imaxinación para conseguir que a nosa cabaza quede moi fermosa.
6.- A actividade será totalmente gratuíta.

Coa finalidade de poder organizarnos necesitamos que confirmedes a vosa presencia antes do Martes 23 de Outubro cubrindo o papel que vos adxuntamos e mandandoo ao centro.
Tedes o papel para apuntarvos neste enlace

No hay comentarios:

Publicar un comentario