O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

lunes, 27 de abril de 2015

ASÍ FOI A VIAXE Á CASA DO QUEIXO

O pasado domingo realizamos a excursión á Casa do Queixo, preto de Sobrado dos Monxes. Participaron nesta viaxe 26 alumnos do colexio. Gustounos moito contar coa presencia de tres alumnos de 3 aniños, que desfrutaron xunto cos seus compañeiros maiores desta experiencia.

Foto de grupo na Casa do Queixo


Os nenos estiveron atendidos por monitores da granxa-escola, sen a presencia dos país, e realizaron actividades tales como talleres de reciclaxe (fabricaron tartarugas con caixas de ovos), visita ao zoo de animais domésticos e fabricación de queixos; cada un fabricou o seu queixo!. Parece que a meirande parte deles serviron de alimento para os porcos da granxa, non debían estar aló moi bos... Desfrutaron durante toda a xornada, cun descansiño para comer, con estas actividades a pesares de que debido á choiva non puideron levar a cabo outras programadas como a visita ao bosque encantado. Algunhas instantáneas das actividades:

fabricando queixo



Os máis pequenos amosan os seus queixos





zoo de animais domésticos


visitando os avestruces







fabricando tartarugas
Unha vez finalizada a xornada na granxa, emprendemos camino de regreso a Lugo, pero detivémonos a ver a Lagoa de Sobrado, preciosa!

 
 
E aínda non era esta a última parada... Aproveitando un ratiño de sol paramos en Friol para que os nenos merendasen e xogasen no parque





E tras este día tan divertido -os sorrisos dos nenos díceno todo- voltamos ao Corgo ás sete da tarde.
Moitas grazas a todos por participar nesta viaxe!
Esperámosvos na seguinte
Ata pronto!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario