A ANPA realizou, o pasado día 5 de novembro, unha viaxe ao Parque Multiaventura de Marín e á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
O
Ecoparque de Marín son unhas instalacións multiaventura únicas en Galicia,
ubicadas nas Rías Baixas, no medio dunha coidada masa forestal, con vistas á
ría de Pontevedra. Trátase dun lugar onde realizar prácticas deportivas en
contacto coa natureza, agrupando nun entorno natural aventura, educación,
respecto pola naturaleza, coñecemento do medio, e desfrute mediante a
actividade física.
O parque está formado por catro circuitos multi-aventura de distinta
dificultade nos que hai que combinar equilibrio, inxenio, forza, destreza e
autocontrol para superar as distintas probas. Os circuitos, que inclúen máis de
70 xogos, recorren unha finca de 2,5 hectáreas de bosque e consisten, entre
outros, en tirolinas, pontes de mono, pontes tibetanos, trapecios, pasarelas,
redes verticais, rocódromos, etc.
Os
alumnos realizaron, á chegada, un pequeño cursiño de iniciación para comprender
o uso dos circuitos, e foilles facilitado o equipamento necesario (arneses de
seguridade e mosquetóns automáticos) e de seguido desfrutaron de 3 horas de
aventura nos circuitos podendo repetir
aqueles que máis lles gustearo, acompañados en todo
momento por monitores do centro.
A mañá en Marín foi cálida e soleada pese ás predicións metereolóxicas, que non eran moi optimistas.
Despois desfrutaron dunha fantástica comida no restaurante do parque.
Trala comida emprendemos viaxe de regreso, parando en Santiago a visitar a Cidade da Cultura, complexo arquitectónico deseñado por Peter Eisenman situado no cumio do Monte Gaiás. O complexo componse de varios edificios espazos orientados á cultura e ao entretenemento.
Nunha visita guiada, os alumnos puideron coñecer o espazo e percorrer moitas das súas zonas, pasando unha tarde moi agradable.
Merendamos no Gaiás e voltamos ao Corgo, moi cansos, pero satisfeitos pola viaxe realizada. Os nen@s dicían que esta fora a mellor excursión de todas!!!! Estas sensacións son as que nos animan a seguir traballando.
Deixámosvos un enlace coas fotos de toda a xornada, realizadas polo pai de Roi e Juan Carreira, Manu. Moitas grazas!
Grazas a todos e ata a próxima.!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario