A ANPA do CEIP Plurilingüe do Corgo organizou un curso de cociña para nenos - pekes chefs, que se desenvolveu nos meses de outubro e novembro e no que participaron 22 alumnos de entre 3 e 11 anos.
O curso foi impartido desinteresadamente por cociñeiras de restaurantes da zona: Cris de Parrillada O Corgo, Merche de Restaurante Madrid e Vero de Parrillada Vilariño.
Ao longo de 6 semanas, os pekes-chefs levaron a cabo receitas tales como albóndegas, empanadillas, hamburguesas, lasaña, ovos recheos, tarta da avoa, boliñas de coco, tarta de piña, rosquillas e trufas.
Os nen@s demostraron ao longo do curso a súa ilusión e o seu interese culinario, elaborando eles mesmos cada unha das receitas que lles explicaban as mestras e acadando uns resultados excelentes tanto en elaboración como en sabor.
Malia o arduo traballo que a ANPA pasou na organización deste curso, a experiencia foi moi satisfactoria e os alumnos quedaron con gañas de seguir cociñando, polo que demandan xa unha segunda edición.
As cociñeiras, os pais que colaboraron axudando no curso, a Asociación Andarela e o Concello, que nos prestaron as instalacións e útiles de cociña e, por suposto, os nen@s con esas inmensas ganas de aprender, fixeron posible que todos fósemos chefs durante seis semanas. Ata saimos na prensa!!!!
A todos eles, moitísimas grazas pola súa colaboración. Estamos moi satisfeitos co éxito deste curso e seguiremos traballando para unha segunda edición.
No enlace que figura de seguido podedes ver as imaxes do curso.
https://goo.gl/photos/xjVGsLNQaGU99obr7
https://goo.gl/photos/xjVGsLNQaGU99obr7
Ata pronto!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario