O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

jueves, 15 de diciembre de 2016

V CERTAME DO CONTO SOLIDARIO DE NADAL

V CERTAME DO CONTO SOLIDARIO

 
Un ano máis a ANPA celebra o certame do conto solidario de Nadal, que este ano vai xa na súa quinta edición.
 
A participación no certame é voluntaria para tódolos alumnos do CEIP Plurilingüe do Corgo.
 
O traballo pode presentarse atoa o día 16 incluido e poderá ser en forma escrita, debuxos ou ambos, en calquera das linguas estudadas no colexio.
 
O tema central ten que versar sobre a solidariedade e o fallo dos premios terá lugar o día do Festival do Nadal.
Establécense catro categorías:
- Categoría Educación Infantil.
- Categoría I de Primaria (1º e 2º curso).
- Categoría II de Primaria (3º e 4º curso).
- Categoría III de Primaria (5º e 6º curso).
Haberá un premio para o gañador/a de cada categoría consistente nun libro adecuado a cada idade, un xogo educativo máis un diploma acreditativo do recoñecemento.

 

O APALPADOR VISITA O CEIP DO CORGO

O APALPADOR
O apalpador é unha mítica figura galega dun carboneiro, con orixe na comarca de Trives, que, segundo a tradición, ven na noite do 24 ou do 31 de decembro a tocar a barriga dos nenos para comprobar se comeron ben durante o ano e déixalles un montón de castañas e algún pequeño agasallo, desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e de comida.
A ANPA contactou co Apalpador e pediulle a esta personaxe que adiante a súa visita este ano para que os alumnos do CEIP do Corgo poidan coñecelo. 
 
 
Así, o apalpador visitará o colexio o día 21 de decembro, mércores, día do festival de Nadal, trala comida de mediodía, a partir das 14:30 horas. Chegará ao colexio, contaralles aos nenos a súa historia e explicaralles cando irá visitalos ás súas casas e o motivo polo que lles toca a barriga. De seguido recibirá a cada un dos nen@s para ver se comeron dabondo, entregándolles unhas poucas castañas e un pequeno agasallo.
 
Tódolos pais/nais e familiares que o desexen poden asistir a esta visita no horario indicado.
 
O

martes, 29 de noviembre de 2016

CURSO DE COCIÑA

A ANPA do CEIP Plurilingüe do Corgo organizou un curso de cociña para nenos - pekes chefs, que se desenvolveu nos meses de outubro e novembro e no que participaron 22 alumnos de entre 3 e 11 anos. 
O curso foi impartido desinteresadamente por cociñeiras de restaurantes da zona: Cris de Parrillada O Corgo, Merche de Restaurante Madrid e Vero de Parrillada Vilariño.
Ao longo de 6 semanas, os pekes-chefs levaron a cabo receitas tales como albóndegas, empanadillas, hamburguesas, lasaña, ovos recheos, tarta da avoa, boliñas de coco, tarta de piña, rosquillas e trufas.
Os nen@s demostraron ao longo do curso a súa ilusión e o seu interese culinario, elaborando eles mesmos cada unha das receitas que lles explicaban as mestras e acadando uns resultados excelentes tanto en elaboración como en sabor.
Malia o arduo traballo que a ANPA pasou na organización deste curso, a experiencia foi moi satisfactoria e os alumnos quedaron con gañas de seguir cociñando, polo que demandan xa unha segunda edición.
As cociñeiras, os pais que colaboraron axudando no curso, a Asociación Andarela e o Concello, que nos prestaron as instalacións e útiles de cociña e, por suposto, os nen@s con esas inmensas ganas de aprender, fixeron posible que todos fósemos chefs durante seis semanas. Ata saimos na prensa!!!!
A todos eles, moitísimas grazas pola súa colaboración. Estamos moi satisfeitos co éxito deste curso e seguiremos traballando para unha segunda edición.
No enlace que figura de seguido podedes ver as imaxes do curso.
https://goo.gl/photos/xjVGsLNQaGU99obr7
Ata pronto!!!!

martes, 15 de noviembre de 2016

EXCURSIÓN AO ECOPARQUE DE MARÍN E Á CIDADE DA CULTURA

A ANPA realizou, o pasado día 5 de novembro, unha viaxe ao Parque Multiaventura de Marín e á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
 
O Ecoparque de Marín son unhas instalacións multiaventura únicas en Galicia, ubicadas nas Rías Baixas, no medio dunha coidada masa forestal, con vistas á ría de Pontevedra. Trátase dun lugar onde realizar prácticas deportivas en contacto coa natureza, agrupando nun entorno natural aventura, educación, respecto pola naturaleza, coñecemento do medio, e desfrute mediante a actividade física.
O parque está formado por catro circuitos multi-aventura de distinta dificultade nos que hai que combinar equilibrio, inxenio, forza, destreza e autocontrol para superar as distintas probas. Os circuitos, que inclúen máis de 70 xogos, recorren unha finca de 2,5 hectáreas de bosque e consisten, entre outros, en tirolinas, pontes de mono, pontes tibetanos, trapecios, pasarelas, redes verticais, rocódromos, etc.
Os alumnos realizaron, á chegada, un pequeño cursiño de iniciación para comprender o uso dos circuitos, e foilles facilitado o equipamento necesario (arneses de seguridade e mosquetóns automáticos) e de seguido desfrutaron de 3 horas de aventura nos circuitos podendo repetir aqueles que máis lles gustearo, acompañados en todo momento por monitores do centro.
 
A mañá en Marín foi cálida e soleada pese ás predicións metereolóxicas, que non eran moi optimistas.
Despois desfrutaron dunha fantástica comida no restaurante do parque.
Trala comida emprendemos viaxe de regreso, parando en Santiago a visitar a Cidade da Cultura, complexo arquitectónico deseñado por Peter Eisenman situado no cumio do Monte Gaiás. O complexo componse de varios edificios espazos orientados á cultura e ao entretenemento.
Nunha visita guiada, os alumnos puideron coñecer o espazo e percorrer moitas das súas zonas, pasando unha tarde moi agradable.

 
Merendamos no Gaiás e voltamos ao Corgo, moi cansos, pero satisfeitos pola viaxe realizada. Os nen@s dicían que esta fora a mellor excursión de todas!!!! Estas sensacións son as que nos animan a seguir traballando.
Deixámosvos un enlace coas fotos de toda a xornada, realizadas polo pai de Roi e Juan Carreira, Manu. Moitas grazas!
 
Grazas a todos e ata a próxima.!!!!!
 
 

martes, 27 de septiembre de 2016

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2016/2017

 
Esta é a nosa proposta de actividades extraescolares para este curso 2016/2017 xunto coas normas para a inscrición e realización das mesmas. Para apuntarse ás actividades cómpre entregar no colexio, ata o venres día 30 de setembro, a autorización que figura no folleto que levaron os nenos para a casa.




ACTIVIDADE
DÍA
HORA
LUGAR
PREZO
PATINAXE *
(Tódalas idades)
XOVES
16:00 A 17:15
PAVILLÓN
15 € AO MES
BALONCESTO
(Tódalas idades)
XOVES
18:00 A 19:30
PAVILLÓN
SOCIOS 18 €/MES
NON SOCIOS: 22 €/MES
FÚTBOL *
Categoría Biberóns, de 3 a 6 anos
Categoría Benxamíns (3º e 4º e cursos inferiores)
Categoría Alevíns (5º e 6º)
MÉRCORES E VENRES
BIBERÓNS DE 16:00 A 17:30 MÉRCORES E VENRES
RESTO CATEGORÍAS: MÉRCORES 18: A 19:30 E VENRES 16:00 A 17:30
CAMPO DE FÚTBOL DO C.D. CORGO
100 € ANUAIS MÁIS 50 € AQUELES NEN@OS QUE NON TEÑAN EQUIPACIÓN DOUTROS ANOS.
XADREZ
(Tódalas idades)
VENRES
 
14:00 A 15:00
CEIP DO CORGO DURANTE O RECREO DA TARDE
SOCIOS  12€/MES       NON SOCIOS 16€/MES
INGLÉS: CONVERSA CON PROFESOR NATIVO (Tódalas idades)
MARTES
16:45 A 17:45 e 17:45 A 18:45 (2 GRUPOS)
CENTRO SOCICULTURAL
SOCIOS 20 €/MES       NON SOCIOS 24 €/MES
TEATRO
(Tódalas idades)
MÉRCORES
14:00 A 15:00
CEIP DO CORGO DURANTE O RECREO DA TARDE
SOCIOS 18 €/MES           NON SOCIOS       22 €/MES
APOIO  E REFORZO EDUCATIVO
(Tódalas idades)
A ACORDAR ENTRE OS PARTICIPANTES
2 HORAS SEMANAIS
CASA DAS ASOCIACIÓNS
25 €/MES
 
INFORMÁTICA (inclúe mecanografía)
(Tódalas idades)
A ACORDAR ENTRE OS PARTICIPANTES
1 HORA SEMANAL
CENTRO SOCIOCULTURAL
25 €/MES SOCIOS
29 €/MES NON SOCIOS
BAILE (MODERNO, DE SALÓN, ETC)
(Tódalas idades)
A ACORDAR ENTRE OS PARTICIPANTES
1 HORA SEMANAL
SEN DETERMINAR
15 €/MES SOCIOS
19 €/MES NON SOCIOS
ROBÓTICA EDUCATIVA (con kits LEGO Mindstorm para construir robots; programación por ordenador)
A ACORDAR ENTRE OS PARTICIPANTES
1 HORA SEMANAL
CENTRO SOCIOCULTURAL
25 €/MES SOCIOS
29 €/MES NON SOCIOS
CURSO DE COCIÑA INFANTIL – PEQUES CHEF
VENRES
(DO 14 DE OUTUBRO AO 25 DE NOVEMBRO)
DE 18:30 A 20:00
ESCOLA DE GOMEÁN
30 € TODO O CURSO QUE DURARÁ MES E MEDIO. COMENZO O 14 DE OUTUBRO

 
NORMAS PARA AS ACTIVIDADES DA ANPA:

A realización de cada unha das actividades está condicionada á existencia dun número mínimo de nenos inscritos.

O prezo das actividades varía segundo se sexa ou non socio da ANPA. A cuota de socio é de 20 € por familia e curso escolar e o ingreso da mesma débese facer na conta num. ES44 2080 0156 47 304000 7879, de A Banca. Para beneficiarse do prezo de socio nas actividades, cómpre ter ingresado a cuota antes do 31 de outubro de 2016. O ingreso da cuota de socio implica tamén que se ten o seguro de accidentes gratuito para tódalas actividades organizadas pola ANPA (actividades extraescolares, excursións e outras). Os non socios, previamente á asistencia á calquera actividade deberán ingresar o importe da súa póliza persoal que ascende a 12 € anuais por alumno. Non se admitirá ningún nen@ que non teña aboado o importe do seguro.

As actividades comenzarán a principios de outubro e finalizarán ao remate do curso escolar.

O pago das actividades non se fará en man, senón a través de transferencia bancaria á conta da ANPA e cobrarase trimestralmente, agás nas actividades de fútbol e patinaxe que se pagará directamente ao clube. O pago das actividades haberá de realizarse durante o primeiro mes do trimestre (outubro, xaneiro, abril). Ao comenzo de cada actividade darase información detallada sobre como realizar o pago. A falta de pago no primeiro mes do trimestre, dará lugar á expulsión da actividade.

Ningún membro da ANPA acudirá á entrada e saída das actividades, polo que os pais serán os responsables da recollida dos nenos. Naquelas actividades que se realicen ás 16:00 horas no pavillón ou no campo de fútbol, o monitor recollerá aos nenos na porta do colexio e levaraos á actividade. Nas que se leven a cabo no Centro Sociocultural ou noutros lugares, os pais entregarán e recollerán os nenos. A falta de puntualidade na recollida penalizarase coa expulsión da actividade.

Para calquera dúbida sobre as actividades podedes contactar con nos a través do mail anpaceipocorgo@gmail.com ou no teléfono 647956907. ¡Esperamos contar con todos vos!.

DATA LÍMITE INSCRICIÓNS: 30 DE SETEMBRO

miércoles, 15 de junio de 2016

EXCURSIÓN A ALLARIZ EN IMAXES

O pasado día 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, a ANPA do CEIP do Corgo realizou unha excursión á vila de Allariz, en Ourense. Visitamos o Ecoespazo O Rexo, o Museo Galego do Xoguete, xantamos no centro de Allariz e coñecemos a ribeira do Río Arnoia, cuns parques preciosos. Tivemos un día de moito calor e grandes e pequenos desfrutamos moito desta viaxe. Os nen@s portáronse de maravilla, dá gusto organizar cousas para eles!!!!!
Sacamos centos de fotografías que se algún pai/nai quere podemos pasarlles. Deixaomos como mostra algunhas imaxes da xornada:

ECOESPAZO "O REXO":













- XANTAR E ALLARIZ:



 
- SOBREMESA:



 
 - MUSEO GALEGO DO XOGUETE:


- TOMANDO UN XELADO PARA REFRESCARSE DO CALOR:




- RIBEIRA DO RÍO ARNOIA:




 
 - FESTIVAL INTERNACIONAL DOS XARDÍNS DE ALLARIZ:










Moitas grazas a todos pola vosa participación e ata a próxima.

martes, 10 de mayo de 2016

EXCURSIÓN A ALLARIZ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O vindeiro día 17 de maio, aproveitando a festividade das Letras Galegas, imos ir de excursión a Allariz (Ourense), vila declarada conxunto histórico artístico.
Visitaremos o ecoespazo "O Rexo", o Museo Galego do xoguete, o centro histórico de Allariz e os parques da ribeira do Río Arnoia (Parque de Portovello, Paseo do Arnado, etc).
A saída será ás 9:30 horas de diante do colexio e o regreso arredor das oito da tarde.
Os prezos son os seguintes: nenos/as socios: gratuito; adultos: 22 € por persoa; nenos/as non socios: 16 €. O prezo inclúe a viaxe en autobús, entradas ao O Rexo e Museo do xoguete e xantar na vila de Allariz.
Os nenos poden inscribirse ata o día 11 de maio inclusive e a forma de pago é mediante transferencia á conta da ANPA que pode facerse ata o día 16 incluido.
Contamos con todos vos!!!



CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

O pasado día 23 de abril celebrouse o día do libro, conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura.
A ANPA quixo celebrar cos nen@s este día como todos os anos, por iso levamos un contacontos ao cole o día 22, venres. A contacontos Fátima ía cargada de libros e de historias que fixeron que os rapaces pasaran una mañá moi agradable e sentisen a maxia dos contos.
Deixámosvos algunas fotografías da xornada.