O pasado día 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, a ANPA do CEIP do Corgo realizou unha excursión á vila de Allariz, en Ourense. Visitamos o Ecoespazo O Rexo, o Museo Galego do Xoguete, xantamos no centro de Allariz e coñecemos a ribeira do Río Arnoia, cuns parques preciosos. Tivemos un día de moito calor e grandes e pequenos desfrutamos moito desta viaxe. Os
nen@s portáronse de maravilla, dá gusto organizar cousas para eles!!!!!
Sacamos centos de fotografías que se algún pai/nai quere podemos pasarlles. Deixaomos como mostra algunhas imaxes da xornada:
ECOESPAZO "O REXO":
- XANTAR E ALLARIZ:
- SOBREMESA:
- MUSEO GALEGO DO XOGUETE:
- TOMANDO UN XELADO PARA REFRESCARSE DO CALOR:
- RIBEIRA DO RÍO ARNOIA:
- FESTIVAL INTERNACIONAL DOS XARDÍNS DE ALLARIZ:
Moitas grazas a todos pola vosa participación e ata a próxima.