O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

martes, 29 de noviembre de 2016

CURSO DE COCIÑA

A ANPA do CEIP Plurilingüe do Corgo organizou un curso de cociña para nenos - pekes chefs, que se desenvolveu nos meses de outubro e novembro e no que participaron 22 alumnos de entre 3 e 11 anos. 
O curso foi impartido desinteresadamente por cociñeiras de restaurantes da zona: Cris de Parrillada O Corgo, Merche de Restaurante Madrid e Vero de Parrillada Vilariño.
Ao longo de 6 semanas, os pekes-chefs levaron a cabo receitas tales como albóndegas, empanadillas, hamburguesas, lasaña, ovos recheos, tarta da avoa, boliñas de coco, tarta de piña, rosquillas e trufas.
Os nen@s demostraron ao longo do curso a súa ilusión e o seu interese culinario, elaborando eles mesmos cada unha das receitas que lles explicaban as mestras e acadando uns resultados excelentes tanto en elaboración como en sabor.
Malia o arduo traballo que a ANPA pasou na organización deste curso, a experiencia foi moi satisfactoria e os alumnos quedaron con gañas de seguir cociñando, polo que demandan xa unha segunda edición.
As cociñeiras, os pais que colaboraron axudando no curso, a Asociación Andarela e o Concello, que nos prestaron as instalacións e útiles de cociña e, por suposto, os nen@s con esas inmensas ganas de aprender, fixeron posible que todos fósemos chefs durante seis semanas. Ata saimos na prensa!!!!
A todos eles, moitísimas grazas pola súa colaboración. Estamos moi satisfeitos co éxito deste curso e seguiremos traballando para unha segunda edición.
No enlace que figura de seguido podedes ver as imaxes do curso.
https://goo.gl/photos/xjVGsLNQaGU99obr7
Ata pronto!!!!

martes, 15 de noviembre de 2016

EXCURSIÓN AO ECOPARQUE DE MARÍN E Á CIDADE DA CULTURA

A ANPA realizou, o pasado día 5 de novembro, unha viaxe ao Parque Multiaventura de Marín e á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
 
O Ecoparque de Marín son unhas instalacións multiaventura únicas en Galicia, ubicadas nas Rías Baixas, no medio dunha coidada masa forestal, con vistas á ría de Pontevedra. Trátase dun lugar onde realizar prácticas deportivas en contacto coa natureza, agrupando nun entorno natural aventura, educación, respecto pola naturaleza, coñecemento do medio, e desfrute mediante a actividade física.
O parque está formado por catro circuitos multi-aventura de distinta dificultade nos que hai que combinar equilibrio, inxenio, forza, destreza e autocontrol para superar as distintas probas. Os circuitos, que inclúen máis de 70 xogos, recorren unha finca de 2,5 hectáreas de bosque e consisten, entre outros, en tirolinas, pontes de mono, pontes tibetanos, trapecios, pasarelas, redes verticais, rocódromos, etc.
Os alumnos realizaron, á chegada, un pequeño cursiño de iniciación para comprender o uso dos circuitos, e foilles facilitado o equipamento necesario (arneses de seguridade e mosquetóns automáticos) e de seguido desfrutaron de 3 horas de aventura nos circuitos podendo repetir aqueles que máis lles gustearo, acompañados en todo momento por monitores do centro.
 
A mañá en Marín foi cálida e soleada pese ás predicións metereolóxicas, que non eran moi optimistas.
Despois desfrutaron dunha fantástica comida no restaurante do parque.
Trala comida emprendemos viaxe de regreso, parando en Santiago a visitar a Cidade da Cultura, complexo arquitectónico deseñado por Peter Eisenman situado no cumio do Monte Gaiás. O complexo componse de varios edificios espazos orientados á cultura e ao entretenemento.
Nunha visita guiada, os alumnos puideron coñecer o espazo e percorrer moitas das súas zonas, pasando unha tarde moi agradable.

 
Merendamos no Gaiás e voltamos ao Corgo, moi cansos, pero satisfeitos pola viaxe realizada. Os nen@s dicían que esta fora a mellor excursión de todas!!!! Estas sensacións son as que nos animan a seguir traballando.
Deixámosvos un enlace coas fotos de toda a xornada, realizadas polo pai de Roi e Juan Carreira, Manu. Moitas grazas!
 
Grazas a todos e ata a próxima.!!!!!