O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

martes, 30 de octubre de 2018

Obradoiro: Cabazas de Samaín

O pasado sábado 27 de outubro  uns 25 alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe do Corgo realizaron un obradoiro para a decoración de cabazas.




Estas foron as cabazas que fixeron.



Exposición de cabazas no CEIP Plurilingüe do Corgo

jueves, 18 de octubre de 2018

Cabazas de Samaín



Con motivo da celebración do Samaín no CEIP de O Corgo dende a ANPA imos organizar un obradoiro para a decoración de cabazas, que se celebrará no edificio de madeira do campo da Feira de Gomeán o sábado 27 de outubro de 16:30 a 18:30.
Para asistir é preciso:
1.- Traer unhas tesoiras coa punta redonda.
2.- Unha cabaza baleira.
3.- Os nenos con idades inferiores aos oito anos deberán ir acompañados dun adulto.
4.- Ser socio da ANPA ou ter ingresado cuota de 12 euros anuais do seguro escolar necesario para a asistencia a calquera actividade extraescolar.
5.- Moita imaxinación para conseguir que a nosa cabaza quede moi fermosa.
6.- A actividade será totalmente gratuíta.

Coa finalidade de poder organizarnos necesitamos que confirmedes a vosa presencia antes do Martes 23 de Outubro cubrindo o papel que vos adxuntamos e mandandoo ao centro.
Tedes o papel para apuntarvos neste enlace

miércoles, 17 de octubre de 2018

Experiencia científica de 360º

O alumnado do CEIP Plurilingüe do Corgo disfrutará o próximo mércores 31 de outubro da tecnoloxía Fulldome, un sistema de proxección con deformación xeodésica dentro dunha estrutura de domo, que ofrece ao espectador a sensación de inmersión.
A actividade está organizada pola ANPA en colaboración co centro.




PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
Os máis pequenos introduciránse no mundo da astronomía dun xeito divertido, sinxelo e cheo de humor da man do pequeno topo.
Educación infantil: proxección "TOPOS, ¿QUÉ HAY AHÍ FUERA?"
- 1º e 2º de primaria: " TOPOS. PLATÓN EL EXPLORADOR"






 O alumnado de 3º a 6º de primaria emprenderá unha divertida aventura para resolver todas as súas dúbidas, científicas e astronómicas, da man dos protagonistas destas historias, un pingüín e un oso polar.

3º e 4º de primaria: "POLARIS. EL SUBMARINO ESPACIAL"
- 5º e 6º de primaria: "POLARIS. EL MISTERIO DE LA NOCHE POLAR"

Actividades Extraescolares curso 2018-2019


Pincha aquí para ver o cadro de actividades