No Museo do Ferrocarril puidemos subir nos antiguos trens e locomotoras diesel, de vapor e eléctrica. Contan con locomotoras e vagóns en estado operativo o que nos permitiu viaxar en trens históricos, de grande luxo, nalgún dos cales viaxara o Rei de España. Nenos e maiores disfrutamos moito con esta visita.
De seguido dirixímonos ao restaurante O Xugo, onde desfrutamos dunha deliciosa comida para repoñer forzas despois de tanta viaxe en tren.
Xa pola tarde, trala comida, os nenos xogaron no parque situado a carón do restaurante, en A Compañía e posteriormente visitamos o colexio dos Escolapios, onde nos contaron a súa historia e nos amosaron a súa peculiar e orixinal escaleira, o claustro, o museo, a igrexa e unha aula. Os Escolapios, pola súa beleza arquitectónica son considerados como O Escorial galego.
Xa cansos, voltamos para a estación onde ás seis collemos o Alvia cara Lugo a onde chegamos ás sete da tarde con moitas historias que contar.
Deixámosvos unhas imaxes deste fantástico día.
A VIAXE LUGO-MONFORTE:
MUSEO DO FERROCARRIL:
COMIDA E XOGOS:
OS ESCOLAPIOS:
VOLTAMOS:
Moitas grazas a todos por participar e ata a próxima viaxe!!!!