O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

viernes, 16 de mayo de 2014

EXCURSIÓN A MONFORTE DE LEMOS EN TREN

O pasado día 10 de maio, sábado, realizamos unha excursión en tren a Monforte de Lemos. Viaxamos no Alvia que saiu de Lugo ás 11 da mañá e visitamos en Monforte o Museo do Ferrocarril de Galicia e o Colexio dos Escolapios. Comemos na tapería o Xugo e regresamos a Lugo no Alvia que saiu ás 18:00 de Monforte. Foi unha viaxe moi emocionante xa que a meirande parte dos nenos -e incluso algún adulto- nunca viaxara en tren.
No Museo do Ferrocarril puidemos subir nos antiguos trens e locomotoras diesel, de vapor e eléctrica. Contan con locomotoras e vagóns en estado operativo o que nos permitiu viaxar en trens históricos, de grande luxo, nalgún dos cales viaxara o Rei de España. Nenos e maiores disfrutamos moito con esta visita.
De seguido dirixímonos ao restaurante O Xugo, onde desfrutamos dunha deliciosa comida para repoñer forzas despois de tanta viaxe en tren.
Xa pola tarde, trala comida, os nenos xogaron no parque situado a carón do restaurante, en A Compañía e posteriormente visitamos o colexio dos Escolapios, onde nos contaron a súa historia e nos amosaron a súa peculiar e orixinal escaleira, o claustro, o museo, a igrexa e unha aula. Os Escolapios, pola súa beleza arquitectónica son considerados como O Escorial galego.
Xa cansos, voltamos para a estación onde ás seis collemos o Alvia cara Lugo a onde chegamos ás sete da tarde con moitas historias que contar.
Deixámosvos unhas imaxes deste fantástico día.

A VIAXE LUGO-MONFORTE:






















MUSEO DO FERROCARRIL:














COMIDA E XOGOS: 







OS ESCOLAPIOS:






VOLTAMOS: 



 Moitas grazas a todos por participar e ata a próxima viaxe!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario