O pasado día 19 de xuño celebramos o remate do curso 2013/2014 cunha festa na Praia Fluvial do Río Chamoso. Asistiron un total de 50 alumnos do centro, tanto socios como non socios da ANPA, pois era aberta e gratuita para todos. Monitores especializados organizaron xogos por grupos de idades para máis tarde facer unha gran festa da espuma na que os nenos disfrutaron como podeis comprobar nas imaxes que vos deixamos. Finalmente, obsequiamos a tódolos nenos a unha merenda con pizzas e outras lambonadas que fixeron as delicias de todos.
Queremos darvos a todos as gracias pola vosa asistencia a esta e a outras actividades organizadas pola ANPA neste curso escolar. Agardamos que todo fose do voso agrado. E sen mais, deixámosvos coas fotografías da festa e despedímonos ata setembro. BO VERÁN A TODOS.
XOGOS:
FESTA DA ESPUMA:
MERENDA:
No hay comentarios:
Publicar un comentario