O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

jueves, 16 de abril de 2015

EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA "CASA DO QUEIXO"







EXCURSIÓN Á GRANXA-ESCOLA "CASA DO QUEIXO" (SOBRADO DOS MONXES)

 



A ANPA do CEIP do Corgo organiza o vindeiro día 26 de abril, domingo, unha viaxe á Granxa-Escola “Casa do Queixo”, situada en Grixalba, Sobrado dos Monxes, aproximadamente a uns 42 quilómetros de Lugo, dirixida a tódolos nenos do centro, dende os 3 anos. A Casa do Queixo é un complexo situado en plena natureza, formado por unha granxa-escola, un zoo de animais domésticos, un museo do queixo, unha fábrica de queixos e un bar-restaurante. Tedes máis información na súa páxina web www.casadoqueixo.com.


Os nen@s pasarán o día na granxa escola, con actividades organizadas e acompañados de monitores especializados en todo momento. Pola mañá realizarán dúas actividades das que oferta o centro, despois desfrutarán dun xantar no bar-restaurante e pola tarde realizarán outras dúas actividades. Non é preciso que os pais/nais acompañen aos alumnos, xa que estarán ao coidado do persoal do centro. Nembargantes, se algún pai desexa acompañar ao seu fillo, deberá indicalo expresamente na inscrición e os gastos de asistencia ás actividades e comida na granxa-escola do adulto correrán pola súa conta.

Membros da ANPA acompañarán aos nenos na viaxe en autobús e aínda que non asistirán ás actividades nin á comida cos alumnos, estarán preto do lugar por se xurdira algún problema. Pensamos que os adultos podemos visitar namentras o Mosteiro de Sobrado dos Monxes, moi cerquiña da granxa-escola e comer na zona. Tódolos pais que o desexeis podedes acompañarnos nesta visita.

Os distintos prezos son os seguintes:

-      Actividades na granxa-escola: 15,5 €

-      Comida na granxa-escola: 6.50 €

-      Viaxe ida e volta en autobús: 8 €

TOTAL: 30 €.

A ANPA subvenciona aos nenos/as socios o 50% da actividade, polo que o custo total da excursión para eles será de 15 €. Para os non socios, o custo será dos 30 €. Os pais/nais ou familiares que asistan á viaxe deberán abonar o custo de 8 € da viaxe en autobús e os gastos en Sobrado dos Monxes (entrada ao Mosteiro, comida. etc) serán pola conta de cada un. Así  mesmo, os pais que decidan acompañar aos seus fillos durante toda a xornada na granxa-escola tamén correrán cos gastos da asistencia á actividade (15,50 €) e da comida no restaurante que ten un prezo para os adultos de 8,50 €.

Dun xeito resumido:

PREZO TOTAL NENOS SOCIOS: 15 €

PREZO TOTAL NENOS NON SOCIOS: 30 €

PAIS/NAIS/OUTROS ACOMPAÑANTES: 8 € DE AUTOBÚS MÁIS OS GASTOS DE TODO O DÍA POLA SÚA CONTA.

Para beneficiarse do prezo de socio nesta actividade cómpre ter ingresado, para o día da excursión, a cuota de socio da ANPA correspondente ao presente curso escolar 2014-2015. Así mesmo, aqueles alumnos que non sexan socios e asistan á excursión, deberán ter ingresado o importe do seguro de accidentes. Non se admitirá na actividade a ningún neno/a que non teña abonado o importe do seguro (os socios xa teñen o seguro incluido).

INSCRICIÓNS: Ata o día 20 de abril, luns, incluido, entregando no colexio a folla de inscrición que levaron os nenos. O prazo é improrrogable, pois ese día temos que confirmar o nº de asistentes para a organización de monitores necesarios, etc.

HORARIOS: Saída do colexio ás 9:45 horas para chegar á granxa-escola antes das 11:00, hora na que comenzan as actividades. Regreso ó colexio o arredor das 19:00 horas.

NOTAS: Esta excursión non se levará a cabo se non se reúne un número mínimo de 15 alumnos

Máis información: 647956907
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario