O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

martes, 10 de noviembre de 2015

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A primeiros de curso presentámosvos a proposta de actividades para este curso 2015/2016. Algunhas delas non se están a levar a cabo xa que non se acadou un grupo mínimo de alumnos; este foi o caso das actividades de manualidades, inglés gramática, baile rexional e música rexional e reforzo educativo.
 
As actividades nas que si se formou grupo e que se están a realizar son as seguintes:
 
- PATINAXE: lévase a cabo os luns, de 16 a 17:30 no Pavillón polideportivo.
- INGLÉS CONVERSA: realízase os martes, en dous grupos, no Centro Sociocultural, a partir das 16:45 horas.
- BALONCESTO: ten lugar os xoves, no Pavillón, de 16 a 17:30.
- FÚTBOL: no campo de C.D. Corgo. O equipo de Benxamíns entrena os mércores de 18 a 19:30 e os venres de 16 a 17:30. O equipo de biberóns entrena os mércores e venres de 16 a 17:30.
- TEATRO: lévase a cabo no colexio os mércores, de 14 a 15 horas, durante o recreo da tarde.
- XADREZ: realízase os venres, no colexio, de 14 a 15 horas, durante o recreo da tarde.
 
Aínda que as actividades xa deron comenzo, admítense incorporacións de alumnos durante todo o curso polo que se estades interesados nalgunha das actividades aínda podeis inscribir os nen@s. Lembrámosvos que o pago das actividades é trimestral e faise na conta da ANPA en A Banca.
 
Tamén queremos recordarvos que durante o primeiro trimestre de 2016 imos levar a cabo un CURSO DE COCIÑA PARA NENOS e que debéis comunicar á ANPA que nenos están interesados en asistir, aínda que máis adiante enviaremos información e folla de inscrición.
 

UN PASEO POLO MIÑO

No día de hoxe, 8 de novembro de 2015, a ANPA realizou unha ruta de sendeirismo que denominamos UN PASEO POLO MIÑO.
Á unha da tarde reunímonos a carón do Pazo de Feiras e Congresos 20 nen@s e 13 adultos para realizar unha ruta pola ribeira do Miño, río arriba. Un paseo duns 9 quilómetros que a todos nos sorprendeu pola súa beleza e polas maravillosas paisaxes que puidemos observar ao longo do percorrido que realizamos en dúas partes, cunha parada para repoñer forzas cunha boa comida. Os carreiros a carón do Miño e o fantástico clima do que desfrutamos foron o escenario dunha xornada de convivencia de nen@os e adultos na que descubrimos a riqueza paisaxística que temos tan preto de nós. Despedímonos cun ratiño de esparcemento no parque do Río Miño.
Queremos agradecer a vosa presenza a todos os que participastes con nos nesta xornada de lecer e felicitar aos máis pequenos, que percorreron a ruta sen ninguna dificultade, sodes uns campións!!!!
Deixámosvos unhas imaxes do día.
Ata pronto!!!!

A COMIDA:





XOGOS:




 
 
















FOTOS DE GRUPO: