Á unha da tarde reunímonos a carón do Pazo de Feiras e Congresos 20 nen@s e 13 adultos para realizar unha ruta pola ribeira do Miño, río arriba. Un paseo duns 9 quilómetros que a todos nos sorprendeu pola súa beleza e polas maravillosas paisaxes que puidemos observar ao longo do percorrido que realizamos en dúas partes, cunha parada para repoñer forzas cunha boa comida. Os carreiros a carón do Miño e o fantástico clima do que desfrutamos foron o escenario dunha xornada de convivencia de nen@os e adultos na que descubrimos a riqueza paisaxística que temos tan preto de nós. Despedímonos cun ratiño de esparcemento no parque do Río Miño.
Queremos agradecer a vosa presenza a todos os que participastes con nos nesta xornada de lecer e felicitar aos máis pequenos, que percorreron a ruta sen ninguna dificultade, sodes uns campións!!!!
Deixámosvos unhas imaxes do día.
Ata pronto!!!!
A COMIDA:
XOGOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario