Un ano máis, dende a ANPA, queremos que a solidaridade estea presente nestas festas. Comprobamos, coas campañas solidarias de anos pasados, que foi moi positivo para os rapaces aprender a desfrutar facendo felices a outros.
Ao mesmo tempo que axudamos a quen o necesita, queremos que os nenos disfruten da experiencia de compartir, de facer felices ós demáis e que aprendan o concepto de SOLIDARIDADE.
Por iso, este Nadal, levaremos novamente a cabo esta campaña cos ALIMENTOS SOLIDARIOS. O Nadal solidario que propoñemos xira arredor dunha das necesidades básicas diarias: o alimento. Que ningún neno ao noso redor quede estas festas sen comida.
A campaña, en resumo, consistirá no seguinte:
- Os nenos que desexen colaborar donando alimentos depositaranos na Caixa que estará á entrada do colexio.
- Cada neno aportará o que poida, un ou varios alimentos. Os alimentos entregaranse nunha bolsa sen nome.
- Os alimentos que se entreguen serán alimentos non perecedeiros, que non teñan que ser consumidos inmediatamente e que non precisen frío (por exemplo, pasta, arroz, azcúcar, leite, galletas, conservas, etc). Xa que estamos no Nadal, podemos incluir tamén un alimento típico destas festas, turróns, mazapáns, etc.

Os alimentos depositaranse no colexio ata o día 18 de decembro.
O día do festival de Nadal, membros da ANPA e dos Servizos Sociais do Concello do Corgo recollerán todas as aportacións e farán lotes de alimentos para distribuir entre as familias que así o precisen, tendo prioridade as familias con nenos.

E en segundo lugar, celebrarase tamén o IV CERTAME DO CONTO SOLIDARIO, para que os nenos do CEIP do Corgo amosen o seu talento nun conto, debuxo ou mestura de ambos, tendo como tema a SOLIDARIDADE. Os contos entregaranse ás tutoras na maneira que se indica no folleto enviado ata o día 15 de decembro. Haberá catro categorías: Categoría Educación Infantil, Categoría I de Primaria (1º e 2º curso), Categoría II de Primaria (3º e 4º curso), Categoría III de Primaria (5º e 6º curso). Os gañadores de cada categoría obterán como premio un conto axeitado á súa idade, un xogo educativo e un diploma.
A ANPA DESÉXAVOS UN BO NADAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario