VIAXE EN TREN A MONFORTE DE LEMOS
SÁBADO, DÍA 8 DE FEBREIRO DE 2013
A ANPA do CEIP do Corgo organiza o día 8 de febreiro unha excursión en tren a Monforte de Lemos, co seguinte programa:
10:30.- Reunirémonos todos na estación de ferrocarril de Lugo (o desprazamento ata Lugo e pola conta de cada un).
10:57.- Saída do tren con destino a Monforte de Lemos.
11:49.- Chegada á estación de Monforte de Lemos.
12:00.- Visita ao Museo do Ferrocarril de Galicia.
13:30.- Comida no Restaurante-Tapería O Xugo.
Trala comida, se o tempo o permite, os nenos poderán disfrutar dun momento de xogos no parque situado a carón do restaurante.
16:00.- Visita ao Colexio dos Pais Escolapios.
18:06.- Saída do tren con destino a Lugo.
18:57.- Chegada á estación de tren de Lugo (A volta ao domicilio é tamén pola conta de cada un).
NORMAS PARA A EXCURSIÓN:
- A excursión é aberta tanto para socios como para non socios da ANPA. Os asistentes que non sexan socios e non o teñan abonado con anterioridade, como xa se informou noutra anterior circular, deberán abonar obrigatoriamente, antes do día 4 de febreiro, o importe da póliza do seguro de accidentes (12 €) na conta da ANPA de Novagalicia Banco do Corgo.
- Varios membros da ANPA asistirán á excursión para coidar os nenos que viaxen sen un adulto responsable deles. Nembargantes, os nenos menores de 5 anos é aconsellable que vaian acompañados dun familiar adulto.
- MOI IMPORTANTE: O prazo IMPRORROGABLE para anotarse á viaxe é ata o día 4 de febreiro, martes, incluido, entregando no colexio a autorización que figura no folleto que se entregou aos nenos. Ao tratarse dunha viaxe organizada en tren, temos que reservar os billetes con antelación e adquirilos previamente para beneficiarse dos descontos existentes para grupos. Por iso, non se admitirá ningunha inscrición recibida con posterioriade ao día 4 de febreiro, e do mesmo xeito, aquelas persoas que se inscriban e non asistan, deberán abonar o importe dos billetes de tren.
- Prégase puntualidade xa que o tren non agarda por ninguén.
- Os desprazamentos por Monforte de Lemos durante o día, realizaranse a pe, por iso, se o tempo é malo, aconsellamos aos adultos que leven paraugas e que vistan aos nenos de maneira axeitada para a choiva.
PREZOS:
NENOS SOCIOS: 12 €
NENOS NON SOCIOS E ADULTOS: 22 €
O prezo inclúe os billetes de tren ida e volta, a comida e as entradas aos Escolapios e Museo do Ferrocarril.
AGARDAMOS CONTAR CON TODOS VOS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario