O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

miércoles, 29 de octubre de 2014

NOVO LUGAR DE REALIZACIÓN E HORARIO DAS ACTIVIDADES DE TEATRO E XADREZ

Debido ao ofrecemento do CEIP do Corgo a realizar nas súas instalacións as actividades de TEATRO E XADREZ, cambiamos a ubicación e horario das mesmas. A dirección ofreceunos a posibilidade de realizar estas actividades nas aulas do colexio, en horario de 14:00 a 15:00, trala comida e antes da clase da tarde. Pensamos que é unha boa oportunidade para que nenos aos que lles resulta complicado desprazarse pola tarde ata o Corgo, poidan participar nestas actividades da ANPA.
Así pois, o novo horario destas actividades é o seguinte:
TEATRO: martes de 14:00 a 15:00 no CEIP do Corgo
XADREZ: venres de 14:00 a 15:00 no CEIP do Corgo
Os nenos que xa se apuntaron a estas actividades non teñen que volver a facelo, sólo ter en conta o novo horario e ubicación. Aqueles que queiran apuntarse á vista do novo horario, deberán entregar no cole a autorización asinada ata o día 3 de novembro.
Estas actividades comenzarán en novembro.
NOTA: Na autorización que levan os nenos para cubrir figura, por erro, natación en vez de xadrez. 

jueves, 23 de octubre de 2014

ASÍ FOI O NOSO "PASEO POLO OUTONO"

O pasado domingo, como sabedes, levamos a cabo a actividade "Un paseo polo outono", unha ruta de sendeirismo pola zona de Gomeán. Percorremos cos nenos arredor de 8 quilómetros pola zona de Gomeán e durante o paseo adentrámonos nos pinares e carballeiras para coñecer as distintas especies de setas que nacen nesta época. Os nen@s aprenderon a diferenciar varias especies de fungos: boletus, lepiotas, chantarela, entre outras. Aprenderon a recoñecelas e a diferenciar as boas das malas, a maneira de recollelas  e transportalas correctamente, todo baixo a supervisión do noso experto, Lolo. 
Tamén nos achegamos aos castiñeiros para recoller o seu delicioso froito, estrela do outono: a castaña. Cada neno recolleu unha boa presa de castañas. Algunhas comémolas de postre e outras leváronas para a casa e para o magosto do colexio.
Quedamos moi satisfeitos coa experiencia porque os nenos desfrutaron de verdade polo monte e podemos dicir que o pasaron en grande. Ademáis o tempo acompañounos!
Deixámosvos unhas fotografías da camiñata, recollida de setas e castañas.


























E trala camiñata, voltamos ó Campo da Feira de Gomeán. Namentras uns preparaban o lume para facer o noso magosto, outros preparaban o xantar. Recuperamos forzas cunha estupenda comida campestre no fermoso entorno do campo da feira a base de empanadas, tortilla e lacón asado. De postre, por suposto, castañas!!!













E despois de comer, a xogar. Tirar da corda, saltar á comba, partido de fútbol e ata paseo en todo terreo e en "coche de cabalos". Jeje.





























Agradecemos a tódolos pais/nais/familiares que asistiron a súa colaboración. Estamos seguros de que os nenos/as o pasaron en grande. E ó resto, animádevos a participar nas nosas actividades, cantos máis sexamos, mellor o pasaremos!








ATA PRONTO!!!!