UN PASEO POLO OUTONO
A ANPA do CEIP Plurilingüe
do Corgo organiza, o vindeiro domingo
día 19 de outubro, unha actividade medioambiental que denominamos “UN
PASEO POLO OUTONO”.
Imos realizar unha ruta de sendeirismo polos
arredores de Gomeán coa que pretendemos que os nen@s descubran o outono: as fantásticas cores desta estación e os
productos que nos ofrece, ao mesmo tempo que coñecen o fermoso entorno do noso concello.
Nas fragas, nesta época, agárdannos grandes sorpresas e ímolas descubrir todos
xuntos!!!.
Realizaremos un percorrido de arredor de 5
quilómetros durante o cal os nenos/as, ademáis de contemplar a beleza da
paisaxe neste tempo, realizarán actividades tales como recollida de castañas,
busca de setas (baixo a supervisión de adultos coñecedores das distintas
especies) e estudio das distintas follas das árbores. Todo elo nun entorno
inmellorable: o noso concello.
E trala caminata, para repoñer
forzas, realizaremos unha comida campestre nunha caseta cuberta e faremos un
magosto.
Poden participar nesta actividade nenos/as e os seus
pais/nais ou familiares que nos queiran acompañar, tanto socios como non
socios.
Recoméndase que os nenos leven un calzado axeitado para camiñar e que
protexa o pe da posible humidade, así como unha botella de auga para beber polo
camiño e unha bolsa para recoller castañas se o desexan.
Os nenos/as participantes estarán en todo momento
acompañados por varios membros da ANPA.
Programación proposta:
11:00- Campo
de Feira de Gomeán (punto de saída e de chegada da ruta). Punto de encontro e
saída cara a ruta
-
11:15-13:30 Percorrido da ruta con
recollida de follas, castañas e setas.
-
13:30 Chegada novamente ao Campo
da Feira de Gomeán.
-
14:00 Comida e magosto na caseta
cuberta do Campo da Feira de Gomeán.
-
Trala comida e magosto:
sobremesa e xogos no entorno do Campo da Feira.
-
17:00 Fin da xornada e recollida
dos nenos.
INSCRICIÓNS: ata o venres día 17 de outubro
incluido. Deberán entregar no colexio a folla de inscrición que levan os nenos para a casa, asinada, coa autorización dos pais ou titores e anotando na mesma os pais e familiares que
vaian acudir.
PREZO:
NENOS NON SOCIOS E PAIS/NAIS/FAMILIARES: 5 euros
NENOS SOCIOS:
3 euros.
NOTA IMPORTANTE: Para beneficiarse do prezo de socio nesta actividade cómpre ter ingresado, para o día da excursión, a cuota de socio da ANPA correspondente ao presente curso escolar 2014-2015. Así mesmo, aqueles alumnos que non sexan socios e participen na xornada, deberán ter ingresado o importe do seguro de accidentes. Non se admitirá na actividade a ningún neno/a que non teña abonao o importe do seguro (agás os socios que xa teñen o seguro incluido).
Teléfono para máis información: 647956907.
VEN COÑECER O OUTONO CON NOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario