O pasado domingo, como sabedes, levamos a cabo a actividade "Un paseo polo outono", unha ruta de sendeirismo pola zona de Gomeán. Percorremos cos nenos arredor de 8 quilómetros pola zona de Gomeán e durante o paseo adentrámonos nos pinares e carballeiras para coñecer as distintas especies de setas que nacen nesta época. Os nen@s aprenderon a diferenciar varias especies de fungos: boletus, lepiotas, chantarela, entre outras. Aprenderon a recoñecelas e a diferenciar as boas das malas, a maneira de recollelas e transportalas correctamente, todo baixo a supervisión do noso experto, Lolo.
Tamén nos achegamos aos castiñeiros para recoller o seu delicioso froito, estrela do outono: a castaña. Cada neno recolleu unha boa presa de castañas. Algunhas comémolas de postre e outras leváronas para a casa e para o magosto do colexio.
Quedamos moi satisfeitos coa experiencia porque os nenos desfrutaron de verdade polo monte e podemos dicir que o pasaron en grande. Ademáis o tempo acompañounos!
Deixámosvos unhas fotografías da camiñata, recollida de setas e castañas.
E trala camiñata, voltamos ó Campo da Feira de Gomeán. Namentras uns preparaban o lume para facer o noso magosto, outros preparaban o xantar. Recuperamos forzas cunha estupenda comida campestre no fermoso entorno do campo da feira a base de empanadas, tortilla e lacón asado. De postre, por suposto, castañas!!!
E despois de comer, a xogar. Tirar da corda, saltar á comba, partido de fútbol e ata paseo en todo terreo e en "coche de cabalos". Jeje.
Agradecemos a tódolos pais/nais/familiares que asistiron a súa colaboración. Estamos seguros de que os nenos/as o pasaron en grande. E ó resto, animádevos a participar nas nosas actividades, cantos máis sexamos, mellor o pasaremos!
ATA PRONTO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario