O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

viernes, 29 de noviembre de 2013

LEMBRADE!!! SÁBADO DÍA 30 ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA

Lembrámosvos que mañá, sábado día 30 de novembro, ás 11:00 horas, na Casa das Asociacións, terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA. Esta reunión anual é moi importante xa que se dá conta das actividades realizadas durante o curso pasado, preséntase o plan de actividades para este curso e analizáse o estado das contas. Tódolos socios deberían acudir a esta reunión para participar coas súas propostas e suxerencias. A Xunta Directiva da ANPA procura facer as cousas do mellor xeito posible e ao agrado de todos, pero para iso precísase a colaboración dos socios aportando ideas, suxerencias, e como non, críticas. 
Somos conscientes do pouquiño tempo do que dispoñemos todos, pero pensemos que se trata dunha reunión anual e que todo o que facemos, facémolo para os nosos fill@s.
Así que, esperamos contar con todos mañá!!!.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

20 DE NOVEMBRO - DÍA UNIVERSAL DO NENO






Hoxe celébrase o DÍA UNIVERSAL DO NENO, cita recoñecida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1954. A Declaración dos dereitos da Infancia fíxose no ano 1959 e a Convención dos Dereitos do Neno data do ano 1989.
Dende entón, esta data debe facernos lembrar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita que o protexan, senón tamén unha persoa que ten dereito a ser educado, coidado e protexido onde queira que nacera. Un neno é unha persoa que ten dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Tódolos nenos teñen dereito a ir  á escola, a recibir coidados médicos e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en tódolos aspectos.
O obxectivo desta data é a defensa dos dereitos dos nenos en todo o mundo, en especial en situacións extremas de pobreza e conflictos bélicos, onde as súas condicións son especialmente vulneradas.

A mensaxe deste ano do Secretario Xeral da ONU é “TODOS FOMOS NENOS ALGUNHA VEZ. TODOS DESEXAMOS POR IGUAL O BENESTAR DOS NOSOS NENOS, QUE SEMPRE FOI E SERÁ O ANHELO MÁIS UNIVERSAL DA HUMANIDADE”

VICTORIA DO EQUIPO DE PREBENXAMÍNS DO C.D. CORGO FRONTE AO C.D. LUGO (LUGO 3 - CORGO 8)

Onte martes os nenos do equipo de prebenxamíns do C. D. Corgo, adestrados por Pepe e Jose, disputaron un partido amistoso contra o C. D. Lugo. Son os máis cativos do clube, dende infantil ata segundo de primaria e achegáronse ao Pavillón de A Campiña con toda a súa ilusión. Alí estaban Borja, Cristian, Joel e Daniel de segundo curso, César, Ethan, Juan, Magín, Adrián e Joel de primeiro curso e Sergio de infantil preparados para intentar vencer a un importante rival, o Clube Deportivo Lugo.  E conseguírono!, nada menos que 8 goles fronte a 3 do Lugo. Os máis cativos pelexaron coma auténticos xogadores profesionais e acadaron esta merecidísima victoria que lles subiu a moral ata o ceo. Por certo, na grada, de espectadores, os xogadores do Clube Deportivo Lugo e o adestrador Quique Setién!.

INSTRUCCIÓNS AOS XOGADORES

PREPARACIÓN PARA O PARTIDO

PRÁCTICA DE PASE E TIRO

OS NOSOS PORTEIROS

CONTACTO CO CAMPO

ÚLTIMAS INSTRUCCIÓNS

REPARTIMOS POSICIÓNS

COMENZA O PARTIDO CO C.D. LUGO NA GRADA


O C.D. LUGO OBSERVA O PARTIDO


OUTRO MOMENTO DO PARTIDO
NORABOA AOS XOGADORES E AOS ADESTRADORES!!!!

jueves, 14 de noviembre de 2013

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL DA ANPA

Como xa saberedes, pola convocatoria que levaron hoxe os nenos, o día 30 de novembro, sábado, celébrase a Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA, obrigatoria anualmente, segundo os estatutos. Nesta xuntanza darase conta aos asociados do estado das contas ao comenzo deste curso escolar, das actividades realizadas no curso pasado e do proxecto de actividades do presente curso. Haberá tamén turno de rogos e preguntas.
Así que, socios, sacade un anaquiño do voso tempo e acudide á Asemblea. Somos coñecedores do pouco tempo libre que todos temos, pero trátase dunha xuntanza ao ano. Se todos participamos e aportamos as nosas ideas e propostas, consigueremos que todo funcione mellor. O pequeno grao de area que cada un poida aportar irá no beneficio dos nosos nen@s.
AGARDÁMOSVOS!!!.

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA DO CEIP PLURILINGÜE DO CORGO

Pola presente, e en cumprimento do disposto nos Artigos 19 e 20 dos nosos Estatutos, cítase a tódolos socios para o vindeiro día 30 de novembro de 2013, sábado, ás 11:00 horas en primeira convocatoria, e ás 11:30 horas en segunda convocatoria, para a celebración da ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar na Casa das Asociacións do Corgo, coa seguinte orde do día:

1.     Lectura e aprobación, se procede da acta da sesión anterior.
2.     Estado de contas do curso 2012-2013.
3.     Informe de actividades realizadas durante o curso 2012-2013.
4.     Plan de actividades para o curso 2013-2014.
5.     Rogos e preguntas.


O Corgo, 12 de novembro de 2013

A Xunta Directiva da ANPA

martes, 12 de noviembre de 2013

EXCURSIÓN AO PARQUE DE BOMBEIROS, DIARIO EL PROGRESO E LEITE RÍO

Fai pouquiños días, o día 31 de outubro, aproveitando que era día non lectivo no cole, fomos cos nenos visitar ós bombeiros, a sede de impresión do Diario El Progreso no Ceao e a pranta de Leite Río. Comemos en "Casa Balbina", no Ceao, onde, por certo, nos trataron de maravilla. 
A visita ao parque de bombeiros foi a visita estrela, dende logo. Os bombeiros que nos atenderon foron moi amables e amosáronnos tódalas instalacións e explicáronlles aos nenos en que consiste o seu traballo, con prácticas incluídas!. 
No Diario El Progreso vimos un video e coñecemos a historia do diario de Lugo e de seguido visitamos a imprenta, que aínda que non estaba en funcionamento, a guía explicounos o seu funcionamento. Fomos agasallados co xornal do día e con varios contos.
En Leite Río vimos o funcionamento da pranta de envasado, dende a chegada do leite ata o empaquetado nos bricks e o seu almacenamento. Tamén fomos agasallados cuns ricos batidos de chocolate.
Deixámosvos algunhas instantáneas do día

Coñecemos un coche de bombeiros

Explicación dos aparellos que usan en rescates

Proba de uniformes

Probamos os cascos

Unha bombeira totalmente uniformada

Subida na grúa

¿Quen dixo medo?

Paseo no coche de bombeiros

Funcionamento das mangueiras

Foto de grupo

Diario el Progreso, visita á imprenta

Coñecemos o funcionamento

E recibimos uns agasallos

Comida en Casa Balbina

Agardando a comida

Planta de Leite Río

Envasado do leite

Explícannos o funcionamento da pranta
Voltamos ao Corgo encantados coa viaxe e cos coñecementos adquiridos.
Ata a próxima excursión!

EXCURSIÓN AO CASTRO DE VILADONGA, VILA DE MEIRA, PEDREGAL DE IRIMIA, FONMIÑÁ E LAGO DE PESCA

O pasado día 29 de setembro tivo lugar a primeira excursión deste curso escolar organizada pola ANPA. 
Visitamos o Castro de Viladonga, onde visitamos a sala de exposicións e os exteriores cunha guía:
VISITA Á SALA DE EXPOSICIÓNS DO CASTRO

VISITA AO CASTRO


PERCORRIDO POLO CASTRO
ESCOITANDO AS EXPLICACIÓNS DA GUÍA

De seguido visitamos o Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do Río Miño:
OS NENOS RECORREN O PEDREGAL

PEDREGAL DE IRIMIA

LECTURA DE LENDAS DO PEDREGAL DE IRIMIA
De seguido visitamos Meira e a súa Igrexa e xa con fame dirixímonos ao Restaurante O Muiño, á beira do Río Miño onde disfrutamos dunha excelente comida:

Comida no Restaurante O Muiño
Trala comida, un pouco de exercicio nos aparatos biosaudables
Xa pola tarde realizamos un percorrido polo paseo fluvial e dirixímonos ao lago de Gavín, onde os nenos puideron pescar troitas no lago:
Os nenos pescando  no Lago

Pesca no Lago Gavín

E este é o resultado da pesca dalgún dos nosos recén estreados pescadores!
Foi un día moi agradable e algún dos nenos levou a cea para a casa!

ACTIVIDADES DA ANPA CURSO 2013/2014

As actividades deste curso escolar comenzaron, na meirande parte dos casos, xa no mes de outubro. Estanse levando a cabo as actividades que contaron cun mínimo número de nenos anotados, e son as seguintes:

  • PATINAXE: Os luns, no Pavillón Polideportivo, de 16:00 a 17:15. O prezo desta actividade é de 12  € mensuais para os socios e 16 € para non socios.
  • FÚTBOL: Os martes e xoves, no campo de fútbol do Clube Deportivo Corgo ou no Pavillon Polideportivo (segundo a climatoloxía), de 16:00 a 17:15. O prezo desta actividade é de 100 € anuais e inclúe a equipación.
  • INGLÉS: Os mércores, no Centro Sociocultural do Corgo, de 17:30 a 19:00. O prezo é de 12  € mensuais para os socios e 16 € para non socios.
  • XADREZ: Os luns, no Centro Sociocultural do Corgo, de 18:00 a 19:00. O prezo é de 12  € mensuais para os socios e 16 € para non socios.
  • MANUALIDADES: Os sábados, no Centro Sociocultural do Corgo, de 11:00 a 13:00 horas. O prezo é de 15 € mensuais os socios e 19 € para non socios.
  • CONVERSA EN INGLÉS: Os martes, no Centro Sociocultural do Corgo, de 18:30 a 19:30, cun profesor nativo. O prezo é de 12  € mensuais para os socios e 16 € para non socios.
Aínda estades a tempo para inscribirvos nalgunha das actividades!.

RESUMO DAS ACTIVIDADES DO CURSO 2012/2013

No primeiro curso no que esta directiva xestionou a ANPA, leváronse a cabo actividades extraescolares periódicas e outras actividades puntuais que vos resumimos:
- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (De outubro a xuño):
* Patinaxe.
* Inglés.
* Manualidades.
* Fútbol.
* Danza.
- OUTRAS ACTIVIDADES:
* Ruta medioambiental polo Río Chamoso. Percorrido pola beira do Río Chamoso visitando sartegos, ponte romana de Galiñeiros, covas do zorro. Comida no Restaurante da Praia Fluvial e xogos e actividades medioambientais pola tarde.
* Ruta dos Muiños. Percorrido pola zona de Gomeán, onde hai varios muiños, visita á ponte romana de Gomeán e visita ao interior do Muiño de Díaz. Comida no Restaurante Prados e xogos pola tarde.
* Visita aos Museos da Coruña: Aquarium e Domus.
* Visita aos Museos de Lugo e Avifauna: Visita ao Museo de Lugo, centro de interpretación da muralla e casa dos mosaicos. Comida no Restaurante Cambalache e pola tarde visita ao Parque de Avifauna.
* Actividade o día da muller traballadora: Mulleres e cores.
* Campaña de Nadal: roupa solidaria, xoguete solidario e conto solidario. Recollida de roupa e xoguetes. Certame literario con premios.
* Entradas para Xuvenlugo. Entregáronse entradas aos nenos para visitar Xuvenlugo no Nadal.

Deixámosvos algunhas imaxes que ilustran as actividades.

 FOTO DE GRUPO NA VIAXE ÓS MUSEOS DA CORUÑA

RUTA DOS MUIÑOS

RUTA DOS MUIÑOS

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

BIBLIOTECA DO MUSEO PROVINCIAL

MOMENTO DE LECER NA PRAZA MAIOR DE LUGO

COMIDA EN PIZZERÍA CAMBALACHE

COMIDA EN CAMBALACHE

COMIDA EN CAMBALACHE

COMIDA EN CAMBALACHE

COMIDA EN CAMBALACHE

COMIDA EN CAMBALACHE

VISITA A AVIFAUNA

VISITA A AVIFAUNA

AVIFAUNA

AVIFAUNA

FOTO DE GRUPO EN AVIFAUNA