Como xa saberedes, pola convocatoria que levaron hoxe os nenos, o día 30 de novembro, sábado, celébrase a Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA, obrigatoria anualmente, segundo os estatutos. Nesta xuntanza darase conta aos asociados do estado das contas ao comenzo deste curso escolar, das actividades realizadas no curso pasado e do proxecto de actividades do presente curso. Haberá tamén turno de rogos e preguntas.
Así que, socios, sacade un anaquiño do voso tempo e acudide á Asemblea. Somos coñecedores do pouco tempo libre que todos temos, pero trátase dunha xuntanza ao ano. Se todos participamos e aportamos as nosas ideas e propostas, consigueremos que todo funcione mellor. O pequeno grao de area que cada un poida aportar irá no beneficio dos nosos nen@s.
AGARDÁMOSVOS!!!.
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA
DO CEIP PLURILINGÜE DO CORGO
Pola presente, e en
cumprimento do disposto nos Artigos 19 e 20 dos nosos Estatutos, cítase a
tódolos socios para o vindeiro día 30 de novembro de 2013, sábado, ás 11:00
horas en primeira convocatoria, e ás 11:30 horas en segunda
convocatoria, para a celebración da ASEMBLEA
XERAL ORDINARIA que terá lugar na Casa das Asociacións do Corgo,
coa seguinte orde do día:
1.
Lectura e
aprobación, se procede da acta da sesión anterior.
2.
Estado de
contas do curso 2012-2013.
3.
Informe de
actividades realizadas durante o curso 2012-2013.
4.
Plan de
actividades para o curso 2013-2014.
5.
Rogos e
preguntas.
O Corgo, 12 de novembro de 2013
A Xunta Directiva da ANPA
No hay comentarios:
Publicar un comentario