Hola a todos.
A ANPA do CEIP do Corgo tamén se apunta ás novas tecnoloxías. Creamos este blog para comunicarnos con tódolos pais e nais e a través del dar a coñecer as nosas actividades. Nel poderedes ver, unha vez que nos poñamos ao día, resumos de cada actividade realizada así como fotografías da mesma.
Ao non ser expertos en informática, agardamos ir pouco a pouco poñéndonos ao día e desexamos que os contidos publicados sexan do agrado de todos.
En breve publicaremos unha entrada co resumo de actividades realizadas no curso pasado (2012/2013), curso dende o cal esta directiva está ao frente da ANPA, recollendo o traballo realizado pola anterior directiva, que temos que dicir, foi excelente e faciliounos moito a labor.
Ata pronto!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario