Fai pouquiños días, o día 31 de outubro, aproveitando que era día non lectivo no cole, fomos cos nenos visitar ós bombeiros, a sede de impresión do Diario El Progreso no Ceao e a pranta de Leite Río. Comemos en "Casa Balbina", no Ceao, onde, por certo, nos trataron de maravilla.
A visita ao parque de bombeiros foi a visita estrela, dende logo. Os bombeiros que nos atenderon foron moi amables e amosáronnos tódalas instalacións e explicáronlles aos nenos en que consiste o seu traballo, con prácticas incluídas!.
No Diario El Progreso vimos un video e coñecemos a historia do diario de Lugo e de seguido visitamos a imprenta, que aínda que non estaba en funcionamento, a guía explicounos o seu funcionamento. Fomos agasallados co xornal do día e con varios contos.
En Leite Río vimos o funcionamento da pranta de envasado, dende a chegada do leite ata o empaquetado nos bricks e o seu almacenamento. Tamén fomos agasallados cuns ricos batidos de chocolate.
Deixámosvos algunhas instantáneas do día
 |
Coñecemos un coche de bombeiros |
 |
Explicación dos aparellos que usan en rescates |
 |
Proba de uniformes |
 |
Probamos os cascos |
 |
Unha bombeira totalmente uniformada |
 |
Subida na grúa |
 |
¿Quen dixo medo? |
 |
Paseo no coche de bombeiros |
 |
Funcionamento das mangueiras |
 |
Foto de grupo |
 |
Diario el Progreso, visita á imprenta |
 |
Coñecemos o funcionamento |
 |
E recibimos uns agasallos |
 |
Comida en Casa Balbina |
 |
Agardando a comida |
 |
Planta de Leite Río |
 |
Envasado do leite |
 |
Explícannos o funcionamento da pranta |
Voltamos ao Corgo encantados coa viaxe e cos coñecementos adquiridos.
Ata a próxima excursión!
No hay comentarios:
Publicar un comentario