O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

miércoles, 18 de diciembre de 2013

ENTRADAS PARA XUVENLUGO

ENTRADAS PARA XUVENLUGO

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP do Corgo dispón dalgunhas entradas para Xuvenlugo, donadas polo noso veciño e Deputado Delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro Iglesias.
Como non dispoñemos de entradas para tódolos nenos do colexio, terán preferencia os socios da ANPA (con cuota pagada ao día de hoxe) de xeito que se entregará unha entrada a cada neno socio que o solicite, e o resto das entradas, se sobrasen, entregaranse ao resto dos nenos do centro por rigorosa orde de chegada o día do reparto.
O reparto de entradas terá lugar o día 21 de decembro, sábado, no Centro Sociocultural do Corgo no seguinte horario:
·         Ás 11:00 horas: reparto de entrada a socios da ANPA que o desexen, por orde de chegada.
·         Ás11:15 horas: reparto das entradas sobrantes, se as houbese, ao resto de alumnos do colexio que o desexen, por rigorosa orde de chegada.
As entradas son válidas para calquera dos días de apertura do Salón de Ocio Xuvenlugo.
Non se reservan entradas por ningún medio, a entrega realizarase exclusivamente na data e lugar indicados.

O Corgo, Nadal de 2013

miércoles, 4 de diciembre de 2013

NADAL SOLIDARIO

Un ano máis, dende a ANPA, queremos que a solidaridade estea presente nestas festas. O pasado ano organizamos a campaña do xoguete e roupa solidaria, recollendo roupa e xoguetes que aportaron os nenos do cole para entregar á xente máis necesitada ao noso redor. A campaña foi todo un éxito e tódalas familias colaboraron na iniciativa.
Para este ano, tras reunirnos cos servizos sociais do concello, cremos que o máis axeitado, á vista das necesidades existentes, é recoller ROUPA e COMIDA. Que ningún neno quede sen alimento nin vestido estas festas. O Nadal é unha data moi especial para os nenos, por iso queremos intentar que o sexa para todos.
Ao mesmo tempo que axudamos a quen o necesita, queremos que os nenos disfruten da experiencia de compartir, de facer felices ós demáis e que aprendan o concepto de SOLIDARIDADE.
A campaña, en resumo, consistirá no seguinte: os nenos levarán ao colexio nunha bolsa calquera, sen nome, unha ou dúas pezas de roupa en bo estado e noutra bolsa un par de alimentos non perecedeiros incluíndo algún producto típico do nadal se pode ser. Depositarán as bolsas nas caixas que haberá na entrada do colexio. O día do festival de Nadal, a ANPA e os servizos sociais do Concello recollerán todas as aportacións para distribuir entre as familias que o precisen. A roupa e a comida deben entregarse no cole ata o día 19 de decembro incluído. 
É MOI IMPORTANTE QUE ENTREGUEMOS ROUPA EN BO ESTADO, ROUPA QUE SIRVA PARA USAR, NON ROUPA MOI USADA OU ROTA. ENTREGUEMOS ROUPA QUE NOS MESMOS POÑERÍAMOS.
OS ALIMENTOS, QUE SEXAN ALIMENTOS QUE NON PRECISEN UNHA CONSERVACIÓN ESPECIAL NIN QUE TEÑAN QUE SER CONSUMIDOS INMEDIATAMENTE E QUE NON SE ESTROPEEN AO TRANSPORTALOS. (Pasta, arroz, azúcar, leite, aceite, galletas, turrón, son exemplos de alimentos axeitados).

E en segundo lugar, celebrarase tamén o II CERTAME DO CONTO SOLIDARIO, para que os nenos do CEIP do Corgo amosen o seu talento nun conto, debuxo ou mestura de ambos, tendo como tema a SOLIDARIDADE. Os contos entregaranse ás tutoras na maneira que se indica no folleto enviado ata o día 16 de decembro. Haberá catro categorías: educación infantil, primeiro ciclo de primaria, segundo ciclo de primaria e terceiro ciclo de primaria. Os gañadores de cada categoría obterán como premio un conto axeitado á súa idade e un diploma.

ESPERAMOS CONTAR COA VOSA COLABORACIÓN!!!









martes, 3 de diciembre de 2013

SEGURO DE ACCIDENTES

AVISO IMPORTANTE

O pasado día 30 de novembro venceu a póliza de accidentes que a ANPA tiña suscrita para cubrir a asistencia sanitaria derivada de accidentes acaecidos nas actividades extraescolares e outras actividades organizadas por esta asociación. O pasado curso escolar (2012-2013) non se cobrou a ningún dos asistentes ás actividades o importe desta póliza, senón que a ANPA fíxose cargo tanto para socios como para non socios.
A ANPA suscribiu de novo esta póliza de accidentes para o presente curso escolar (2013-2014), pero debido ao seu elevado custo, neste curso únicamente se vai facer cargo do importe da póliza dos asociados.  Esto quere dicir que aqueles nen@s que non sexan socios da ANPA e acudan a actividades extraescolares ou calquera tipo de actividade organizada pola ANPA, deberán facer efectivo o importe da súa póliza persoal, que ascende a 12 € anuais por alumno. O pago da póliza é obrigatorio, polo que, a partir do día 10 de decembro, aqueles nen@s non socios que non teñan aboado o importe da póliza non poderán acudir a ningunha actividade.
Deste xeito, os pais/nais non socios da ANPA deberán ingresar na conta de Novagaliciabanco O Corgo, ata do 10 de decembro, o importe de 12 € por cada fillo/a que asista a algunha actividade en concepto de seguro de accidentes. De igual modo, cando se trate dunha excursión ou outro tipo de actividades, os asistentes deberán ter previamente ingresado o importe do seguro de accidentes.
Obviamente, tamén poden optar por facerse socios da ANPA, ingresando a cuota anual de 20 € por familia, en cuio caso non terían que ingresar o importe da póliza de accidentes e cubriría tódalas actividades ás que acudisen tódolos fillos/as desa familia.

NOTA ACLARATORIA: No caso da actividade de fútbol, aqueles nenos que estean federados e que acudan únicamente a esa actividade, xa teñen un seguro de accidentes a cargo da Federación