A
Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP do Corgo dispón dalgunhas
entradas para Xuvenlugo, donadas polo noso veciño e Deputado
Delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro Iglesias.
Como
non dispoñemos de entradas para tódolos nenos do colexio, terán preferencia os
socios da ANPA (con cuota pagada ao día de hoxe) de xeito que se entregará unha
entrada a cada neno socio que o solicite, e o resto das entradas, se sobrasen,
entregaranse ao resto dos nenos do centro por rigorosa orde de chegada o día do
reparto.
O
reparto de entradas terá lugar o día 21
de decembro, sábado, no Centro Sociocultural do Corgo no seguinte
horario:
·
Ás
11:00 horas: reparto de entrada a socios da ANPA
que o desexen, por orde de chegada.
·
Ás11:15
horas: reparto das entradas sobrantes, se as houbese, ao resto
de alumnos do colexio que o desexen, por rigorosa orde de chegada.
As
entradas son válidas para calquera dos días de apertura do Salón de Ocio
Xuvenlugo.
Non
se reservan entradas por ningún medio, a entrega realizarase exclusivamente na
data e lugar indicados.
O
Corgo, Nadal de 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario