AVISO IMPORTANTE
O pasado día 30 de novembro venceu a
póliza de accidentes que a ANPA tiña suscrita para cubrir a asistencia
sanitaria derivada de accidentes acaecidos nas actividades extraescolares e
outras actividades organizadas por esta asociación. O pasado curso escolar
(2012-2013) non se cobrou a ningún dos asistentes ás actividades o importe
desta póliza, senón que a ANPA fíxose cargo tanto para socios como para non
socios.
A ANPA suscribiu de novo esta póliza
de accidentes para o presente curso escolar (2013-2014), pero debido ao seu
elevado custo, neste curso únicamente se vai facer cargo do importe da póliza
dos asociados. Esto quere dicir que
aqueles nen@s que non sexan socios da ANPA e acudan a actividades
extraescolares ou calquera tipo de actividade organizada pola ANPA, deberán facer
efectivo o importe da súa póliza persoal, que ascende a 12 € anuais por alumno. O
pago da póliza é obrigatorio, polo que, a partir do día 10 de decembro, aqueles nen@s non
socios que non teñan aboado o importe da póliza non poderán acudir a ningunha actividade.
Deste xeito, os pais/nais non socios
da ANPA deberán ingresar na conta de Novagaliciabanco O Corgo, ata do 10 de decembro, o importe de 12
€ por cada fillo/a que asista a algunha actividade en concepto de seguro de
accidentes. De igual modo, cando se trate dunha excursión ou outro tipo de
actividades, os asistentes deberán ter previamente ingresado o importe do
seguro de accidentes.
Obviamente, tamén poden optar por
facerse socios da ANPA, ingresando a cuota anual de 20 € por familia, en cuio
caso non terían que ingresar o importe da póliza de accidentes e cubriría
tódalas actividades ás que acudisen tódolos fillos/as desa familia.
NOTA ACLARATORIA: No caso da
actividade de fútbol, aqueles nenos
que estean federados e que acudan únicamente a esa actividade, xa teñen un
seguro de accidentes a cargo da Federación
No hay comentarios:
Publicar un comentario