O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

miércoles, 4 de diciembre de 2013

NADAL SOLIDARIO

Un ano máis, dende a ANPA, queremos que a solidaridade estea presente nestas festas. O pasado ano organizamos a campaña do xoguete e roupa solidaria, recollendo roupa e xoguetes que aportaron os nenos do cole para entregar á xente máis necesitada ao noso redor. A campaña foi todo un éxito e tódalas familias colaboraron na iniciativa.
Para este ano, tras reunirnos cos servizos sociais do concello, cremos que o máis axeitado, á vista das necesidades existentes, é recoller ROUPA e COMIDA. Que ningún neno quede sen alimento nin vestido estas festas. O Nadal é unha data moi especial para os nenos, por iso queremos intentar que o sexa para todos.
Ao mesmo tempo que axudamos a quen o necesita, queremos que os nenos disfruten da experiencia de compartir, de facer felices ós demáis e que aprendan o concepto de SOLIDARIDADE.
A campaña, en resumo, consistirá no seguinte: os nenos levarán ao colexio nunha bolsa calquera, sen nome, unha ou dúas pezas de roupa en bo estado e noutra bolsa un par de alimentos non perecedeiros incluíndo algún producto típico do nadal se pode ser. Depositarán as bolsas nas caixas que haberá na entrada do colexio. O día do festival de Nadal, a ANPA e os servizos sociais do Concello recollerán todas as aportacións para distribuir entre as familias que o precisen. A roupa e a comida deben entregarse no cole ata o día 19 de decembro incluído. 
É MOI IMPORTANTE QUE ENTREGUEMOS ROUPA EN BO ESTADO, ROUPA QUE SIRVA PARA USAR, NON ROUPA MOI USADA OU ROTA. ENTREGUEMOS ROUPA QUE NOS MESMOS POÑERÍAMOS.
OS ALIMENTOS, QUE SEXAN ALIMENTOS QUE NON PRECISEN UNHA CONSERVACIÓN ESPECIAL NIN QUE TEÑAN QUE SER CONSUMIDOS INMEDIATAMENTE E QUE NON SE ESTROPEEN AO TRANSPORTALOS. (Pasta, arroz, azúcar, leite, aceite, galletas, turrón, son exemplos de alimentos axeitados).

E en segundo lugar, celebrarase tamén o II CERTAME DO CONTO SOLIDARIO, para que os nenos do CEIP do Corgo amosen o seu talento nun conto, debuxo ou mestura de ambos, tendo como tema a SOLIDARIDADE. Os contos entregaranse ás tutoras na maneira que se indica no folleto enviado ata o día 16 de decembro. Haberá catro categorías: educación infantil, primeiro ciclo de primaria, segundo ciclo de primaria e terceiro ciclo de primaria. Os gañadores de cada categoría obterán como premio un conto axeitado á súa idade e un diploma.

ESPERAMOS CONTAR COA VOSA COLABORACIÓN!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario