O noso lema para este curso

O noso lema para este curso

domingo, 13 de diciembre de 2015

IV NADAL SOLIDARIO


Un ano máis, dende a ANPA, queremos que a solidaridade estea presente nestas festas. Comprobamos, coas campañas solidarias de anos pasados, que foi moi positivo para os rapaces aprender a desfrutar facendo felices a outros.
Ao mesmo tempo que axudamos a quen o necesita, queremos que os nenos disfruten da experiencia de compartir, de facer felices ós demáis e que aprendan o concepto de SOLIDARIDADE.
Por iso, este Nadal, levaremos novamente a cabo esta campaña cos ALIMENTOS SOLIDARIOS. O Nadal solidario que propoñemos xira arredor dunha das necesidades básicas diarias: o alimento. Que ningún neno ao noso redor quede estas festas sen comida.
A campaña, en resumo, consistirá no seguinte:
- Os nenos que desexen colaborar donando alimentos depositaranos na Caixa que estará á entrada do colexio.
- Cada neno aportará o que poida, un ou varios alimentos. Os alimentos entregaranse nunha bolsa sen nome.
- Os alimentos que se entreguen serán alimentos non perecedeiros, que non teñan que ser consumidos inmediatamente e que non precisen frío (por exemplo, pasta, arroz, azcúcar, leite, galletas, conservas, etc). Xa que estamos no Nadal, podemos incluir tamén un alimento típico destas festas, turróns, mazapáns, etc. 
Os alimentos depositaranse no colexio ata o día 18 de decembro.
O día do festival de Nadal, membros da ANPA e dos Servizos Sociais do  Concello do Corgo recollerán todas as aportacións e farán lotes de alimentos para distribuir entre as familias que así o precisen, tendo prioridade as familias con nenos.

E en segundo lugar, celebrarase tamén o IV CERTAME DO CONTO SOLIDARIO, para que os nenos do CEIP do Corgo amosen o seu talento nun conto, debuxo ou mestura de ambos, tendo como tema a SOLIDARIDADE. Os contos entregaranse ás tutoras na maneira que se indica no folleto enviado ata o día 15 de decembro. Haberá catro categorías: Categoría Educación Infantil, Categoría I de Primaria (1º e 2º curso), Categoría II de Primaria (3º e 4º curso), Categoría III de Primaria (5º e 6º curso). Os gañadores de cada categoría obterán como premio un conto axeitado á súa idade, un xogo educativo e un diploma.

ESPERAMOS CONTAR COA VOSA COLABORACIÓN!!!
A ANPA DESÉXAVOS UN BO NADAL

martes, 10 de noviembre de 2015

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A primeiros de curso presentámosvos a proposta de actividades para este curso 2015/2016. Algunhas delas non se están a levar a cabo xa que non se acadou un grupo mínimo de alumnos; este foi o caso das actividades de manualidades, inglés gramática, baile rexional e música rexional e reforzo educativo.
 
As actividades nas que si se formou grupo e que se están a realizar son as seguintes:
 
- PATINAXE: lévase a cabo os luns, de 16 a 17:30 no Pavillón polideportivo.
- INGLÉS CONVERSA: realízase os martes, en dous grupos, no Centro Sociocultural, a partir das 16:45 horas.
- BALONCESTO: ten lugar os xoves, no Pavillón, de 16 a 17:30.
- FÚTBOL: no campo de C.D. Corgo. O equipo de Benxamíns entrena os mércores de 18 a 19:30 e os venres de 16 a 17:30. O equipo de biberóns entrena os mércores e venres de 16 a 17:30.
- TEATRO: lévase a cabo no colexio os mércores, de 14 a 15 horas, durante o recreo da tarde.
- XADREZ: realízase os venres, no colexio, de 14 a 15 horas, durante o recreo da tarde.
 
Aínda que as actividades xa deron comenzo, admítense incorporacións de alumnos durante todo o curso polo que se estades interesados nalgunha das actividades aínda podeis inscribir os nen@s. Lembrámosvos que o pago das actividades é trimestral e faise na conta da ANPA en A Banca.
 
Tamén queremos recordarvos que durante o primeiro trimestre de 2016 imos levar a cabo un CURSO DE COCIÑA PARA NENOS e que debéis comunicar á ANPA que nenos están interesados en asistir, aínda que máis adiante enviaremos información e folla de inscrición.
 

UN PASEO POLO MIÑO

No día de hoxe, 8 de novembro de 2015, a ANPA realizou unha ruta de sendeirismo que denominamos UN PASEO POLO MIÑO.
Á unha da tarde reunímonos a carón do Pazo de Feiras e Congresos 20 nen@s e 13 adultos para realizar unha ruta pola ribeira do Miño, río arriba. Un paseo duns 9 quilómetros que a todos nos sorprendeu pola súa beleza e polas maravillosas paisaxes que puidemos observar ao longo do percorrido que realizamos en dúas partes, cunha parada para repoñer forzas cunha boa comida. Os carreiros a carón do Miño e o fantástico clima do que desfrutamos foron o escenario dunha xornada de convivencia de nen@os e adultos na que descubrimos a riqueza paisaxística que temos tan preto de nós. Despedímonos cun ratiño de esparcemento no parque do Río Miño.
Queremos agradecer a vosa presenza a todos os que participastes con nos nesta xornada de lecer e felicitar aos máis pequenos, que percorreron a ruta sen ninguna dificultade, sodes uns campións!!!!
Deixámosvos unhas imaxes do día.
Ata pronto!!!!

A COMIDA:





XOGOS:




 
 
















FOTOS DE GRUPO:






martes, 29 de septiembre de 2015

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015/2016


Presentámosvos a planificación das ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES propostas pola ANPA DO CEIP PLURILINGÜE DO CORGO para este curso 2015/2016.
A realización de cada unha das actividades está condicionada á existencia dun número mínimo de nen@s inscritos.
As actividades comezarán a principios de outubro e rematarán ó final do curso escolar, coma tódolos anos.
Lugares de realización: as actividades de xadrez e teatro levaranse a cabo no CEIP, durante o recreo da tarde. As actividades de fútbol, baloncesto e patinaxe terán lugar no pavillón e no campo de fútbol, á saída do colexio, ás 16:00 horas, polo que os nenos poderán quedarse xa á saida e serán recollidos polos monitores que os levarán á actividade, só será necesario ir recollelos ao remate da actividade. As restantes actividades terán lugar no Centro Sociocultural, polo que haberá que levalos e recollelos ás horas acordadas. Ningún membro da ANPA acudirá á entrada e saída das actividades. A falta de puntualidade reiterada na recollida penalizarase coa expulsión da actividade.
Pago das actividades: O prezo varía segundo se sexa ou non socio da ANPA. A cota de socio é como tódolos anos, de 20 euros por familia. O ingreso da cota debe facerse na conta de ABANCA O CORGO ES44 2080 0156 4730 4000 7879. Para beneficiarse do prezo de socio nas actividades cómpre ter ingresado a cota antes do 31 de outubro de 2015. O ingreso da cota de socio implica que se ten o seguro de accidentes gratuito para tódalas actividades organizadas pola ANPA. Os non socios, previamente á asistencia de calquera actividade deberán ingresar o importe da súa póliza persoal que ascende a 12 euros anuais por alumno. Non se admitirá ningún nen@ que non teña aboado o importe do seguro ou ben sexa socio.
O pago das actividades non se farán en man, senón mediante transferencia bancaria ou ingreso á conta da ANPA e o cobro será trimestral. O ingreso haberá de realizarse no primeiro mes de cada trimestre (outubro, xaneiro e abril). Ao comenzo das actividades darase información detallada sobre como realizar o pago. A falta de pago durante o primeiro mes do trimestre dará lugar á expulsión da actividade.
Prazo de inscrición: ata o día 2 de outubro incluido entregando no colexio a folla de inscrición que levaron os nenos para a casa. As actividades comenzarán a próxima semana na súa maioría. A actividade de xadrez comenza xa este venres ás 14:00 horas no colexio.
Estas son as actividades que propoñemos:

Para calquera dúbida sobre as actividades podedes contactar con nos neste blog, no mail anpaceipocorgo@gmail.com, ou no teléfono 647956907. Esperamos que sexan do voso agrado.

viernes, 26 de junio de 2015

FESTA FIN DE CURSO 2015 E ACAMPADA

O pasado venres día 19 tivo lugar na Praia Fluvial, como xa sabedes, a Festa de fin de curso organizada pola ANPA do CEIP do Corgo. A ela acudiron un total de 53 nenos de 3 a 12 anos e contamos tamén coa presenza dalgún dos peques do antigo preescolar na casa, hoxe espazo das familias. Durante case 4 horas os nenos desfrutaron no estupendo entorno da Praia das actividades que organizamos para eles: xogos diversos en grupo, montaxe con pezas de construcción xigantes, circuito de trikers e remate cunha cea con pizzas para todos.
Deixámosvos algunas fotografías que amosan a felicidade coa que os nen@s despediron o curso:
Comenzo dos xogos















Construccións



Circuito de trikers

Collendo práctica







Atasco!




Seguimos construindo.... e destruindo










A cear!






 A pizza estaba deliciosa
 
 
Ata aquí a Festa de fin de curso deste ano.... NON!!!!! Uns cantos prolongamos a festa ata o día seguinte. Acampamos na Praia fluvial; una experiencia inesquencible para todos. A convivencia entre grandes e pequenos foi a mellor das experiencias e quedamos con ganas de repetir. Os nenos participaron na montaxe do campamento, degustaron un colacao nocturno, durmiron cos seus compañeiros en tendas de campaña e madrugaron moiiiiiiitíiiiiiiiisimo para aproveitar o tempo xuntos. Construiron un espectacular cabaña, bañáronse... en fin, ahí vos deixamos as fotos:
Montando o campamento

Traballo nos costou!

Xa é noite!

O noso almorzo de chocolate con churros





Para chuparse os dedos

Dende as 7 da mañá construindo esta cabaña

Orgullosos do seu traballo. Non é para menos!
 

Dentro da cabaña



Hora do baño









Perfeccionando a construcción


Non deixan de traballar


Traballo en equipo


Como podedes ver, pasárono en grande e o tempo chegoulles a pouco. Acabaron a xornada pedindo xa outra actividade deste tipo. E seguro que a faremos, porque a experiencia foi moi gratificante.
Dende a ANPA queremos agradecervos a todos a vosa asistencia a este evento, moi especialmente aos país/nais que acamparon con nos e a outras persoas que colaboraron con nos desinteresadamente, como Chus, de Casa Justo de Gomeán, que nos preparou un delicioso chocolate con churros, Manolo e Estrella, que nos prestaron as mesas e a neveira para as comidas, o bar da Praia fluvial que nos atendeu maravillosamente, ó Concello por cedernos as instalacións da Praia e mailos vestiarios e a todos cantos colaborastes con nos neste evento. Moitas grazas a todos.
A ANPA deséxavos a todos un feliz verán e vémonos en setembro!